A QUEIMADA
O misterio agochado no bagazo
Licúase co fogo no alambique,
a augardente, soma e sique,
Debroca Ledicia en cada cazo.
A terra e máis o ceo, nun abrazo,
Quixeron que nos acios se moldara
O ardente licor que abastara
Seiva na canseira e no trancazo.
Quen non coñece o rito da Queimada
Que corpos e almas resucita
E sorgiñas e meigas escorrenta?
Cando a caña Vilaboa lene axita
E amosa a lumieira xa azulada
Quen ousa decir que non o quenta?.
Oiartzun, 25-novembro-2007.
Xosé Estévez.